Bos días, este será o blog no que subirei todas as lecturas
en galego ao longo do curso.
A primeira historia que leín foi "O Corazón de
Xúpiter", polo tanto, aquí está a súa ficha de lectura.
O Corazón de Xúpiter
Autor:
A autora é Ledicia Costas. Naceu en Vigo no verán do 1979. A
ela gustaballe escribir desde que era pequena. No 1999 debutou coa novela
"Unha estrela no vento" que
foi escrita na súa adolescencia. O seu primer libro como poeta foi "Xardín
de inverno".
É unha amante da literatura infantil e xuvenil galega.
Editorial:
Xerais
Edición:
1º Edición - Galicia, 2012
Nº Páxinas:
216
Xénero:
Narrativa
Argumento:
A protagonista da obra chámase Isla. É unha adolescente que
está pasando por un momento delicado da súa vida xa que seus pais decidiron
mudarse a outra cidade e a ela costalle moito adaptarse á nova vida.
O día da chegada ao seu novo fogar coñece a un rapaz chamado
Carballo, que dende o primeiro día lle fai a vida imposible, pero Isla non
estaba soa, coñecera a unha rapaza que se convirte na súa mellor amiga, Mar, e
máis tarde coñece a Anxo; os tres fanse inseparables.
Isla sentía pasión polos astros, polo ceo, pola astronomía
en xeral. Todas as noites miraba co seu telescopio pola fiestra hasta as tantas
da madrugada.
A nosa protagonista coñece, ademáis, a un tal Xúpiter, ao
que nunca veu, xa que é unha relación por chat. Isla non podía deixar de pensar
nese rapaz que compartía os mesmos gustos ca ela e non aguantaba máis tempo sen
coñecelo en persoa, pero polo medio estaba Anxo, que estaba namorado de Isla e
cada vez que intentaba bicala ela pensaba en Xúpiter e era incapaz a facer nada
co seu amigo. Os dous quedan para coñecerse por fin na noite de San Xoán.
Carballo seguía molestandoa ata que un día Isla non
aguantaba máis e decidiu contalo. Carballo foi expulsado e non volveu a
molestala.
Chegara a noite máis esperada para Isla, ía coñecer a
Xúpiter, o cal levou unha desilusión. Non resultou ser como ela pensaba. El era
un home de cincuenta anos que a enganara todo este tempo. Isla intentou fuxir
pero non foi capaz.A Mar extrañoulle que a súa amiga tardara tanto e foi na súa
busqueda. A seguinte imaxe que tivo de Isla foi o seu cadáver flotando no medio
de miles de medusas no mar.
Temas:
A amizade, o amor e o desamor, o engano, e o bullying.
Estructura:
20 capítulos e o prólogo.
Na introducción coñecemos os detalles máis importantes da
obra como os personaxes. No nó desenvólvese a historia e no desenlace todas as
tramas da historia rematan.
Personaxes:
Principais:
Isla (Protagonista. Adolescente que se acababa de mudar.)
Mar (A mellor amiga da protagonista)
Anxo (O mellor amigo da protagonista)
Carballo (O rapaz que lle facía a vida imposible a Isla)
Xúpiter (O descoñecido co que falaba por chat)
Secundarios:
Nai e Pai de Isla
Profesor
Amigos e irmá de Carballo
Lugar:
Nunha vila chamada A Rexión
Tempo:
Época: actualidade
Duración: un curso escolar
Técnicas narrativas:
Narrador en 3º persoa, omniscente.
Ao principio da historia hai unha prolepse. Hai moitas descripcións dos personaxes.
Vocabulario:
Coloquial
Opinión persoal:
O libro encantoume, pero o final desagradoume moitísimo. Fíxome pensar en moitas cousas, unha delas foi no que deben de estar sufrindo moitas adolescentes polo acoso ou bullying por parte doutra persoa. Tamén no resgo que teñen as novas tecnoloxías co tema de chegar a apreciar tanto a alguén completamente descoñecido. Gustaríame moito que en lugar de acabar de esta maneira que Isla conseguira fuxir e que acabara saíndo con Anxo. O libro enganchoume moitísimo, é un dos mellores que leín. Espero que todos os demáis sexan así de sorprendentes e impredecibles.
Non lle dou un 10 por tema do final, asique a miña puntuación para este libro é un 9.
Novo título:
"Entre mil estrelas"
As estrelas neste título semellan ás medusas que rodeaban o cadáver da protagonista.