domingo, 22 de mayo de 2016

Exogamia 0.3

Bos días! A miña séptima lectura foi "Exogamia 0.3" de Ramón Caride polo tanto aquí está a ficha de lectura correspondente. Supoñome que esta será a última do curso a non ser que dispoña de tempo como para ler algo máis.

Exogamia 0.3

Autor:
Ramón Caride, nado en Cea en 1957, é un escritor galego licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e traballa como profesor de ensino secundario.  Animador de múltiples actividades culturais, foi o primeiro presidente da Asociación cultural A Santa Compaña de Cambados, lugar de residencia.

Editorial:
Xerais

Edición:
1º Edición, Marzo 2008

Nº Páxinas:
89

Xénero:
Narrativo

Argumento:
Xa que o libro conta con historias independentes farei un breve argumento de cada unha delas:
Primeira historia: A explotación e discriminación de nenos doutros países.
Segunda historia:A caza de animais en perigo.
Terceira historia: Accidente por culpa dun piloto de F1 por incumprir as normas de circulación, a discusión dunha parella nun bar público e a desaparición dunha filla onde a nai fala co policía.
Cuarta historia: Comercialización de animais xenéticamente modificados.
Quinta historia: Emigracións por mar en pateiras dende África.
Sexta historia: O premio nunha lotería de Nadal no ano 2109 en lugar de ser diñeiro consiste nunha mutación xenética para outra persoa.

Temas:
O tema que une as distintas historias é social actual basado nas ciencias tanto ficticias como reais dun futuro.

Estructura:
Dividido en 6 historias cun tema en común

Personaxes:
Cada historia conta cos seus personaxes.

Lugar:
Primeira historia: República Democrática do Congo, Ruanda, República Chinesa, Gana e Ourense.
Segunda historia: Chernóbil.
Terceira historia: Australia, Holanda, nun bar e nunha comisaría.
Cuarta historia: Mundo enteiro.
Quinta historia: Mar Mediterráneo, Xibraltar e España.
Sexta historia: Laboratorio de bioxenética e nun local da lotería.


Tempo:
Actualidade e futuro, século XXI ata o XXII

Técnicas narrativas:
Narrador en 3º persoa omniscente
Diálogos

Vocabulario:
Culto e coloquial

Opinión persoal:
O libro foi algo complicado de ler e non do meu gusto xa que estos temas non son moi divertidos. O que si que me gusta é a estructura do libro, que é parecida no libro "Made in Galiza" aínda que á hora de resumir non é como no resto.

Novo título:
"A nosa sociedade"

Nova portada:

Miña Querida Sherezade

A miña sexta lectura en galego deste curso foi "Miña Querida Sherezade" de Andrea Maceiras. Polo tanto aqui vs deixo a súa ficha de lectura.

Miña Querida Sherezade

Autor:
Andrea Maceiras. Escritora galega nada en A Coruña no ano 1987. É licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galega, doutorada na Universidade da Coruña.

Editorial:
Baía Edicións

Edición:
1º Edición-Decembro 2014, A Coruña

Nº Páxinas:
134

Xénero:
Narrativo

Argumento:
Sherezade é un libro que envellece co tempo ao non ser usado. Pasan del e non lle dan a vida que el desexaría ter, ser lido e disfrutado por o resto das persoas. Sherezade cae enfermo pero non quere morrer sen contra a súa última historia, e aínda que non estivera escrita nas súas páxinas levabaa no seu corazón. Nas súas follas contaba historias onde interviñan o famoso Simbad, Alí Babá ou Aladino nunha loita por curarse. O único que Sherezade quere é ser valorado como libro que é.


Temas:
A valoración dos libros

Estructura:
16 capítulos

Personaxes:
Sherezade (libro que fai de protagonista na historia)
Simbad, Aladino ou Alí Babá fan de personaxes secundarios.


Lugar:
Non existe un lugar determinado.

Tempo:
Basado na actualidade

Técnicas narrativas:
Narrador en 1º e 3º persoa por fragmentos.
Emprega unha repetición no comezo de cada capítulo "Miña querida Sherezade"excepto no 14 e no 16.

Vocabulario:
Coloquial

Opinión personal:
O libro está moi ben xa que trata de concienciar á xente da importancia que teñen os libros, que hai que ler bastante e non deixalos tirados, xa que como lle pasou a este, caeu enfermo. É moi entretido e moi sinxelo de ler. Recomendoo.

Novo título:
"Última páxina"

Nova portada:

martes, 17 de mayo de 2016

O Achado do Castro

A miña quinta lectura do curso chámase "O Achado do Castro" de Manuel Núñez Singala. Aquí está a ficha de lectura.


O Achado do Castro

Autor:
Manuel Núñez Singala.
Nado en Lugo no ano 1963. Pasa a súa infancia en Vilalba e máis tarde estudia, traballa e vive en Santiago de Compostela. Sempre lle gustou escribir. Estudou filoloxía galega e traballou no Parlamento de Galicia e logo na Universidade de Santiago.

Editorial:
Sotelo Blanco

Edición:
1º edición - Santiago de Compostela, decembro de 1990

Nº Páxinas:
75

Xénero:
Teatral

Argumento:
O libro xoga a dúas bandas xa que mentres Catulo e Caleno pretendían roubar o medallón do emperador facendose pasar por Citrón, surxe o amor entre Manolitus e Carmiñae. Esta relación non está moi ben vista polo que seus pais, o Emperador e Arpexia ordenan a os soldados que os vixilaran para apresalos en canto os viran xuntos, así foi ata que o seu amor resurxeu ao igual que o dos seus respectivos pai e nai. Ao final celebranse as dúas bodas en conxunto e Catulo e Caleno non consiguen o medallón que querían roubar.

Temas: 
O amor e o roubo.

Estructura:
2 actos

Personaxes:
Presentador (Manuel Núñez Singala dirixe a obra)
Catulo e Caleno (Ladróns, un listo e grodo e outro tonto e fraco)
Soldado 1 e Soldado 2 (Personaxes semellantes, marciais, aínda que o soldado 1 é unha muller)
Manolitus e Carmiñae (Rapaz e rapaza novos e namorados. Manolitus é fillo de Arpexia e Carmiñae é filla do Emperador)
Emperador (Emperador romano vulgar. Pai de Carmiñae)
Arpexia (Comercianta con carácter. Nai de Manolitus)
Citrón (Un sabio tímido que está sometido ó Emperador)
Escravo (Personaxe de cor esperto e moi irónico)


Lugar:
No palacio imperial

Tempo:
Antigua Roma

Técnicas narrativas:
Narrador en 3º persoa omniscente.
Diálogos

Vocabulario:
Culto

Opinión persoal:
É unha lectura moi entretida e é moi impresionante todo o que te fai pensar. Céntraste en intentar ver como era a vida naquela época, como eran os prexuicios respeto ás parexas de namorados e a frialdade que tiñan moitos dos emperadores. En canto a dificultade de lectura non se pode decir nada xa que foi bastante fácil de ler. En resumen, o libro gustoume moito e recomendaria ler teatro xa que te metes máis na historia que narra.

Novo título:
"Inseparables"

Nova portada: