martes, 5 de enero de 2016

Made in Galiza

Boas tardes. Aquí vos presento a miña segunda lectura do curso. Este novo ano empecei por ler "Made in Galiza" de Séchu Sende. Espero que vos guste.


Made in Galiza

Autor:
O autor é Séchu Sende. Nado en Padrón no ano 1972, é un famoso escritor galego. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal, no que publica o seu primeiro libro Odiseas en 1998.
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, Lingua e Comunicación. Os seus xéneros son a narrativa, o teatro e a poesía.

Editorial:
Galaxia

Edición:
1º Edición - 2007

Nº Páxinas:
154

Xénero:
Narrativa

Argumento:
O libro é un conxunto de moitas historias que fan reflexionar sobre o uso do galego o do castelán na nosa sociedade. Por exemplo, "Falar", "Instrucciones para empezar a hablar gallego" e "Falar en soños", entre outras moitas máis.
Falar trata dunha rapaza pequena que segundo as palabras que escoita no seu entorno e vai aprendendo, pero resultalle raro como cambian a forma de falar, ou mellor dito, cambian a lingua, de galego a castelán cando se dirixen a ela.
A historia de Instrucciones para empezar a hablar gallego ten un aspecto un tanto cómico e vai relatando os pasos que hai que seguir e que caracterízan a un galego.
E por último, en Falar en soños, a protagonista tamén é unha rapaza, non moi pequena que, como di o título, fala en soños. Ela intenta grabarse para ver o que di mentras durme, pero é ela mesma quen se nega, en soños, escoitar todo o que fala polas noites.

Temas:
O tema principal do libro é ensinar o uso da lingua galega no nosa sociedade.

Estructura:
O libro está dividido en 42 relatos cortos que só se relacionan polo tema do libro, xa que son historias totalmente diferentes.

Personaxes:
Cada relato ten os seus personaxes. Por exemplo, na primeira historia, os seus personaxes principais son Clara, que apenas ten un ano e poucos días de vida, sua nai Laura e seu pai Tomás. Os secundarios son o resto da familia, como os avós.

Lugar:
Como cos personaxes, cada relato desesenvólvese nun lugar diferente. O lugar onde e desenvolve a terceira historia é una oficina de obxectos perdidos.

Tempo:
Época: Actualidade
Duración: Indefinida

Técnicas narrativas:
A mayoría das historias teñen un narrador en 1º persoa.
O libro conta con moitos relatos onde interveñen diálogos, tamén descricións

Vocabulario:
O vocabulario é coloquial na maior parte.

Opinión persoal:
O libro é moi entretido. Gustoume moito a forma na que cada historia quere transmitir a misma idea pero con relatos moi diferentes entre eles. Cando lin a primeira historia xa me enganchei totalmente ao libro. É impresionante ver como é realmente a situación sociolingüística do galego con respeto ao castelán. Eu doulle un 9.

Novo título:
"Galego?"

Nova portada:








No hay comentarios:

Publicar un comentario