Bos días. Este é o terceiro libro desde curso, "Todo o verán por diante" de Joaquim González i Caturla.
Todo o verán por diante
Autor:
O autor deste libro é Joaquim González i Caturla. Nado en Alacante, en 1951. Sigue vivindo e traballando ali. É Catedrático de Literatura Española. Algúns traballos de literatura foron os que o animaron a escribir. As súas obras son destinadas á xuventude. El escribía as súas obras na sua lingua, e logo eran traducidas.
Editorial:
Galaxia
Edición:
1º Edición - 1994
Nº Páxinas:
102
Xénero:
Narrativo
Argumento:
A libro contanos a historia de Toni, un rapaz normal e estudoso. Seus pais regalanlle unha moto e empregaa para ir ao colexio todos os días. Por outro lado estaba Raquel, una rapaza moi atractiva da que Toni estaba namorado. Fanse amigos e levan un día a día común no colexio. Raquel, por desgraza é a moza de Xoán Marcos, un rapaz bastante desgradable. A rapaza deixa a relación xa que non lle gustaba a forma de ser de Xoán Marcos, polo tanto, éste empeza a insultala e a chamarlle de todo. Raquel e Toni foronse facendo cada vez máis amigos hasta que acabaron saíndo xuntos. A parexa nunca se separaba no colexio, estaban seguido xuntos hasta que se enfadaron durante un días polo enfrontamento entre Toni e Xoán Marcos. Un día, o profesor propónlles ir a facer unha excavación, á cal asisten Raquel, Marta, que era una amiga, Toni e Andrés, un amigo de Toni. Esta excursión sirveulle á parexa para arranxar os seus problemas. Para rematar, na expedición Raquel atopa un anel, o que fai que os invitan a unha semana de acampada para continuar ca expedición. Cando se decide que poden proceder neste proxecto, que foi o día das notas, a Raquel e a Toni quedaralles todo o verán por diante para estar xuntos
Temas:
Amor e amizade.
Estructura:
Está composto de dúas partes. A primeira conta con catro capítulos, e a segunda con seis.
Personaxes:
Principais:
Toni (Protagonista. Rapaz ao que lle gustaba Raquel)
Raquel (Rapaza da que Toni estaba namorado)
Secundarios:
Pais de Toni
Andrés, Pedro e Miguel, amigos de Toni
Xoán Marcos
Pais de Raquel
Marta, amiga de Raquel
Lugar:
Unha cidade
Tempo:
Época: Actualidade
Duración: Un curso escolar
Técnicas narrativas:
Narrador 3º persoa, omniscente. Narrador en 1º persoa nos diálogos.
Existen descricións e diálogos.
Vocabulario:
Coloquial
Opinión persoal:
Na miña opinión o libro está moi ben e gustoume moito por que moitos rapaces da xuventude podense sentir identificados con este libro xa que narra as súas vidas e as suas preocupacións como os estudos, o amor, a vida de adolescente en xeral. É bastante entretido ainda que non é dos mellores que lin. Ainda que sexa para xente da miña idade é a típica historia de un rapaz ao que lle gusta unha rapaza e hai complicacións. Por eso mesmo non lle dou un nove, a miña nota para este libro é de un oito. Pero está bastante ben e é sinxelo de ler.
Novo título:
"O noso mundo"
Nova portada:
No hay comentarios:
Publicar un comentario